Quen somos

Quen somos

 

A Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica ten por misión a realización de actividades de promoción e protección da saúde dos galegos -garantindo o acceso en condicións de equidade a probas xenómicas que sexan de utilidade-, e tamén ser instrumento de apoio á atención sanitaria pública a través do uso de soportes tecnolóxicos para atender a crecente importancia da medicina xenómica na diagnose e tratamento de múltiples doenzas, especialmente nas relacionadas coa herdanza xenética e o cancro.
 
Estes instrumentos tecnolóxicos esixen unha alta especialización profesional, dado o seu proceso de constante desenvolvemento, polo que elementos como o I+D, a investigación e a formación resultan indispensables no seu desenvolvemento.
 
As súas funcións:
  • Garantir o acceso dos cidadáns a probas xenómicas útiles que necesiten, en condicións de equidade.
  • Promover a coordinación cos servizos hospitalarios da rede sanitaria pública de Galicia, tanto na atención primaria como na atención especializada.