A Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, de competencia autonómica, é unha entidade sen ánimo de lucro, de interese galego, con personalidade xurídica propia, que ten afectado de forma duradeira o seu patrimonio á realización dos fins de interese xeral que se detallan nos seus estatutos.
A fundación ten a condición de fundación do sector público autonómico de Galicia.
Órgano de goberno
A Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica réxese polo padroado, como órgano de goberno, control e representación, integrado por un presidente de honra, un presidente, un vicepresidente, os vogais e un secretario.
Composición do Padroado
O Padroado é o órgano superior de goberno da Fundación, que asume o seu control e representación, e está composto por:
- Presidente de honra:
Alberto Nuñez Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia.
- Presidente:
Julio García Comesaña, Conselleiro de Sanidade.
- Vicepresidente:
José Manuel Flores Arias, Xerente do Servizo Galego de Saúde.
- Vogais natos:
Jorge Aboal Viñas , Director Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.
Ana María Comesaña Álvarez, Directora Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.
María Jesús Piñeiro Bello, Directora Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde.
Eloína Núñez Masid, Xerente da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza
Luis Verde Remeseiro, Xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee
Francisco Javier Puente Prieto, Xerente da Área Sanitaria de Vigo
Antonio Fernández-Campa, Xerente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS)
Patricia Argerey Vilar, Directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Rocío Mosquera Álvarez, Xerente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios.
Ángel Carracedo Álvarez, Director executivo da Fundación.
Fernando Domínguez Puente, Director técnico da Fundación.
- Vogais electivos:
Antonio López Díaz, Reitor Magnífico da Universidade de Santiago de Compostela.
- Secretaria:
Laura Recacho Rivas, Subdirectora xeral de Réxime Xurídico e Administrativo.